Páginas

jueves, 5 de marzo de 2020

DÍA DA PAZ

Este curso, para conmemorar un día tan sinalado como é o Día da Paz, empregamos o cine. 
Para comezar a celebración, 6 nenos e nenas de 4º de Educación Primaria en representación de todos os seus compañeiros, nos presentaron o resultado dunha investigación levada a cabo sobre por que se celebra o día da Paz o 30 de xaneiro.








 A continuación, todo o alumnado do centro cantou unha canción onde se citaban moitas das frases máis relevantes do cine infantil e que estaban relacionadas con este día. Ao rematar vimos fragmentos de distintas curtas relacionadas coa Paz e a non violencia. 





Nos días previos, o alumnado realizou un debuxo onde representaron o que significaba "PAZ" para cada un deles. Con todos estes debuxos realizamos o "Muro da Paz".



 Ademais....


O alumnado de 5º de Educación Infantil realizaou un mural de Superheroes pola Paz, relacionándoo coa seu proxecto anual de superheroes no cine. O día da celebración vestíronse de superheroes e superheroinas de Paz.



O alumnado de 6º de Educación Infantil realizou un vídeo presentando os seus debuxos empregando o Chroma.







Tamén fixemos unha selección de lecturas na biblioteca.



No hay comentarios:

Publicar un comentario