Páginas

miércoles, 18 de marzo de 2020

DÍA INTERNAIONAL DA MULLER


O 8 de marzo celebramos o día internacional da muller tendo en conta o lema "Son da xeración igualdade: polos dereitos das mulleres" proposto pola ONU. Tendo en conta este lema e o proxecto deste curso decidimos facer visibles a todas as mulleres "invisibles" do mundo do cine, achegando ao alumnado a unha igualdade real tan necesaria na nosa sociedade. Dende a biblioteca propuxemos unha reflexión sobre a figura da muller en postos directivos na industria do cine así como en postos como a realización, cámara, son... e reflexionamos tamén sobre a diferenza entre actores e actrices ao chegar a certa idade.

Para facer visibles a todas estas mulleres, escollemos algunhas representantes que colgamos na entrada do cole nun mural chamado "Mulleres de cine". A continuación contactamos con algunhas delas a través de redes sociais e xa recibimos resposta! En canto poidamos vos deixaremos aquí as novidades.




Ademais, puxemos en marcha a maleta de igualdade con materiais relacionados con este tema adaptados a todo o alumnado do centro. Inicia o seu camino en 6º de Educación Primaria e o rematará en 4º de Educación Infantil.



Por último, realizamos unha sesión de contacontos en educación infantil a cargo de dúas voluntarias da biblioteca, Alba e Uxía. Contaron "Las princesas también se tiran pedos".



No hay comentarios:

Publicar un comentario