Hoxe temos unha recomendación moi especial xa que o 1 de abril conmemoramos o Día do libro con temática LGTBI. Aínda que calquera libro desta temática podería recomendarse calquera outro día o ano, hoxe resulta imprescindible. Na biblioteca do cole temos moitos materiais relacionados con esta temática xa que consideramos de vital importancia o fomento da igualdade e do respecto cara todas as demais persoas nos máis cativos. De todos estes materiais, hoxe recomendamos unha das últimas novidades que chegaron aos nosos andeis:
"Clara, mami y mamá" da editorial La Calle.
É un conto que nos fará reflexionar, tanto a adultos como nenos, sobre o que significa realmente unha familia.
Dende o C.E.I.P. Plurilingüe Porto-Cabeiro mandamos un saúdo con moito ánimo e moita forza a todas as familias do mundo neste momento tan complicado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario