Hoxe 23 de Abril celebramos o DÍA DO LIBRO. Este ano non podemos celebralo no cole como nos gustaría por iso vos mandamos, con moito agarimo, diferentes recursos para que poidades desfrutalo dende a casa.
Ates de anda, propoñémosvos o visionado da seguinte presentación que realizamos en colaboración co equipo TICS.
Como veredes, na segunda parte da presentación tedes un resumo de tódolos libros que recomendamos diariamente así como as distintas propostas de lectura feitas por alumnos neste tempo de corentena, (tamén incluímos algunha das nosas booktubers feita no cole). A partir de agora, tendo en conta que para o terceiro trimestre dende o cole vos temos algunhas sorpresas preparadas, faremos recomendacións semanais. Así non vos sobrecargamos e ao mesmo tempo, tedes toda a semana para desfrutar do conto. Recordade que podedes seguir mandándonos vídeos, fotos, debuxos...das vosas lecturas na casa.
Para seguir coa celebración....TEMOS UN CONTACONTOS!!!! Mateo de 1º de primaria cóntanos "¿Quién es? ¡Cuidado!". Moitas grazas a Mateo e a súa familia por colaborar.
Por último, deixámosvos diferentes recursos para que poidades desfrutar deste día do libro 2020 tan atípico e o mesmo tempo tan especial:
https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/ A través deste enlace poderedes acceder ao Salón do Libro 2020 así como a edicións anteriores. Tedes moitísimos recursos relacionados coa lectura pero tamén coa cociña, experimentos...
https://www.youtube.com/watch?v=dym0egXJdiM&feature=emb_title Contacontos de "Nicolasa, ¿y tu casa?
https://www.youtube.com/channel/UCrVQ7rVWB600JE7zXelPhhA/videos. Esta é a canle de YouTube do colectivo NOGA (narración oral galega). Nela podedes encontrar moitísimos contos contados por grandes narradores orales, todos eles en galego e tanto para o público infantil coma para o adulto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario