Páginas

jueves, 2 de abril de 2020

DÍA MUNDIAL DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Hoxe celébrase o Día Mundial do autismo decretado por Naciones Unidas para mellorar a calidade de vida das persoas que sofren trastorno de espectro autista.
O lema deste ano é "Podo aprender, podo traballar" dirixido a reivindicar un esforzo por parte das autoridades e da sociedade para garantir unha educación de calidade que permitan a estas persoas o acceso a un traballo remunerado e a ser o máis autónomos posible.
Para aportar o noso gran de area á visibilización desta necesidade decidimos participar na campaña deste ano.Puedo APRENDER. Puedo TRABAJAR

Os mestres e as mestras do C.E.I.P. Plurilingüe Porto-Cabeiro, xunto coas nosas familias, xa nos sumamos a esta iniciativa. Deixámosvos o vídeo para que o vexades.




Gustaríanos que nos axudarades a completar o vídeo coas vosas mans agarrando un obxecto que representa unha habilidade ou algo relacionado co voso traballo. Podedes envialas por correo electrónico ao enderezo ceip.porto.cabeiro@edu.xunta.es ou por privado na conta de instrgram do cole ceip.porto.cabeiro

Deixámosvos máis información no seguinte enlace:






No hay comentarios:

Publicar un comentario