Os nenos e nenas de 6º de educación infantil fixeron motísimas actividades relacionadas co cine.
- Realizaron
un caderno de investigación sobre a película escollida para o entroido: “Toy
Story”. Ademais realizaron diversas actividades plásticas para achegarse ao
coñecemento deste filme.
- Crearon un abecedario de cine. Con cada unha das letras
buscaron palabras relacionadas co cine para completar as distintas páxinas.
- Ambientaron a aula creando un camerino. Primeiro
investigaron que era iso e que se facía nese lugar e a partir de ahí coñeceron
algunhas das profesións relacionadas co cine.
- Realizaron traballos en familia relacionados co cine e
que logo levaron á aula. Unha vez alí explicaban aos demais compañeiros que era
o que traían, para que servía…
- Realizaron un caderno de investigación sobre a historia do cine.
- Realizaron un traumatropo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario