Páginas

lunes, 15 de noviembre de 2021

DÍA MUNDIAL DA DIABETES

 Ola de novo!

O día 14 de novembro celébrase o día mundial de diabetes. Desde o noso cole quixemos darlle visibilidade a esta enfermidade que acompaña a moitas persoas ao longo da súa vida.

Nas aulas traballamos con diferentes libros de información sobre esta temática nos que participa ANEDIA( asociación de nenos, nenas e xente nova con diabetes de Galicia). Aprendemos o que é un glicómetro, un bolígrafo de insulina... e moitas cousas máis.

En relación ao noso proxecto "ANIMALADAS" pareceunos un bo plan ter un convidado moi especial chamado "SWEET". É un can que acompaña sempre a Alejandra, unha nena de 12 anos que padece diabetes tipo 1.


 

Alejandra estaba nun adestramento de natación sncronizada (é campiona e subcampiona de Galicia e gañadora dun bronce no campionato de España) e non puido vir pero SWEET si que veu da correa da nai da nena, Elisa. Ela contounos como era o día a día de Sweet e de Alejandra, como este súper can acompañaba á súa filla a todas partes (excepto á escola ou a adestrar) e como Sweet avisaba cando había unha subida ou baixada de glicosa.

A verdade é que quedamos abraiados.

GRAZAS





No hay comentarios:

Publicar un comentario