Páginas

miércoles, 7 de febrero de 2024

Proxecto "África", ONG "DA Man" e Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Como xa ben sabedes o noso Proxecto Anual de Centro versa sobre o Continente Africano. Por iso, unha das primeiras accións que levamos a cabo foi poñernos en contacto cunha asociación sen ánimo de lucro da nosa contorna, chamada "DA MAN".

DA MAN “organización galega polo desenvolvemento” son unha institución dedicada ao traballo solidario, a axuda humanitaria e a cooperación en países en vías de desenvolvemento. O seu obxectivo, en colaboración cos organismos, institucións e profesionais do propio país, é contribuír ao desenvolvemento humano e ao fortalecemento dos dereitos fundamentais das persoas en situación máis vulnerable, mediante o traballo nos campos da saúde e a educación. Neste caso, recibimos a visita dalgunhas das súas voluntarias que nos explicaron a súa labor en Senegal e levaron debuxos e vídeos do noso cole á Escola de Loulel. Así mesmo, fixemos unha recadación solidaria no Nadal que entregamos á asociación o Día da Paz. Aquí podedes ver todas as actividades que fixemos nesa conmemoración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario