BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
sábado, 27 de abril de 2024
LECTURA NA RÚA
Lectura na Rúa celebrou o día 26 de abril a súa III edición con máis de mil participantes. A xuntanza tivo lugar na Alameda de Castelao. Reunímonos 18 centros educativos e dous centros de día de Redondela para celebrar e divulgar a importancia da lectura.
Tivemos 10 min. de lectura silenciosa e 20 min. de lectura compartida. Ás 11:10h intercambiamos libremente os marcapáxinas que traballamos durante a semana. Despois, comenzaron as actuacións musicais da man de Gramola Gominola e Pablo Ríos DJ quenes remataron o encontro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario