Ola rapazada!
Como cada mes, a biblioteca propón un obradoiro que podedes realizar durante os recreos na biblioteca escolar.
A proposta é ...
Agardamos que disfrutedes. Bicos e apertas!
Ola rapazada!
Como cada mes, a biblioteca propón un obradoiro que podedes realizar durante os recreos na biblioteca escolar.
A proposta é ...
Agardamos que disfrutedes. Bicos e apertas!
Ola de novo amigos e amigas.
Nesta derradeira semana non tivemos parada... Visita da Coca Simona, excursión a patinar sobre xeo, contacontos con Vero Rilo, sorteo de postais, festa de fin de de ano e chocolatada... Menuda axenda.
Comparto con vós algunhas fotos, agardo que vos atopedes por aí.
Ola rapazada!
Desde o equipo de biblioteca queremos facer unhas recomendacións lectoras que pensamos que vos poden gustar.
Esperamos que disfrutedes coa súa lectura.
Agardamos que teñades unhas felices vacacións. Bicos e apertas!
Ola !
Compartimos por aquí algunhas actividades da biblioteca do mes de decembro.
Obradoiros, espectáculos, manualidades, contos de nadal...
Bo día!
Deíxovos por aquí algunhas fotiños do 25 N. Fixemos unha chea de actividades.
Agardamos que vos gustasen.
Bicos
Ola rapaces e rapazas!
Hoxe tivemos na escola un espectáculo de MAXIA + MATEMÁTICAS co mago Paco
Pasámolo fenomenal!!
Déixovos por aquí algunhas fotos
BICOS E APERTAS
Ola a todos e todas!
Aquí tedes algunhas das actividades que estamos levando a cabo na biblioteca durante estes días.
Agardamos que as esteades disfrutando.
Bicos e apertas.
Benvidos e benvidas a este novo curso escolar!
Xa todos e todas coñecemos a temática do noso proxecto de centro "Un curso de maxia" así que o alumnado de 6º xa puxo as pillas e preparou un espectáculo de maxia para toda a escola.
Lume que non queima, globos que non explotan, moedas que desaparecen, panos que saen de ningures..... estabamos abraiados!
Grazas chicas e chicos, pasámolo fenomenal
Ola nenos e nenas,
como xa ven sendo tradición na nosa escola é o alumnado que escolle a temática do proxecto de centro da nosa escola mediante unha votación.
Este ano quixemos realizar a votación o día da FEIRA DE ARTESANÍA.
Unha vez realizado o conteo de votos a temática escollida para o vindeiro curso é.....
MAXIA!!!!
Ola rapazada,
por fin achégase o final de curso e, como non, todos queremos compartir os nosos traballiños de artesanía!
O día 28 de maio, organizamos unha feira no patio da escola na que tamén puidemos realizar algúns obradoiros.
Bo traballo!!!
Ola nenos e nenas!
Como xa sabedes, durante este curso estamos a coñecer moitas cousiñas sobre a ARTESANÍA.
As parroquias onde se ubica a nosa escola teñen tradición cesteira así que era moi necesario coñecer a cestería máis en profundidade.
Tivemos a sorte de que nos visitaran Suso e Manuel, veciños da parroquia que nos quixeros achegar a esta arte a través dunha charla/obradoiro moi interesante.
Ola rapazada,
este mes de maio o obradoiro do recreo consistiu en elaborar uns móbiles empregando elementos naturais e de refugallo, dando continuidade así ao noso proxecto de centro.
Están quedando preciosos.
Bicos e apertas
Ola a todos e todas,
o pasado venres 16 festexamos na nosa escola o Día das Letras Galegas.
Ademais de coñecer ás homenaxeadas pandereteiras realizando actividades nas aulas, puidemos disfrutar dun pequeno concerto a catgo de FOLLAS NOVAS, un grupo de pandereteiras da nosa vila.
O alumnado de 1º EP interpretou unha preciosa muiñeira acompañados pola pandeireta dunha compañeira de 6ºEP e o alumnado de 2ºEP tamén nos interpretou unha canción.
Pasámolo fenomenal.
Grazas a todos e todas!
Estimados compañeiros e compañeiras,
desde o equipo de biblioteca agradecemos que cubrades esta enquisa.
O PRAZO REMATA O MARTES 27 DE MAIO
Bicos e apertas