BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

jueves, 6 de junio de 2019

COCIÑANDO EN FAMILIA

Como non podía ser menos, queremos adicar unha entrada do blogue ás familias. Por estar ahí, por colaborar con nós, por participar neste proxecto, por motivar aos vosos fillos… por todo isto e moito máis...GRAZAS!!!

DÍAS DAS LETRAS GALEGAS

Este curso, celebramos as letras galegas realizando diversas actividades sobre o autor homenaxeado, Antón Fraguas. Ademais, fixemos unha selección de lecturas sobre autores relacionados deste día na biblioteca. Organizamos estas actividades en colaboración co EDLG.

OBRADOIRO DE CHOCOLATE

Hoxe, o alumnado de educación infantil, 1º e 2º de educación primaria realizou un obradoiro de chocolate. Despois de desfrutar do olor, do sabor, do tacto… deste producto, derretérono e convidaron a todos os alumnos e alumnas do centro a merender fresas con chocolate.

miércoles, 5 de junio de 2019

QUE HONRA QUE NOS VISITEN ESTES GRANDES PERSOEIROS!!

Este ano, tivemos unhas visitas sensacionales. A nosa biblioteca converteuse no lugar idóneo para recibir a Anxo Fariña, que colaborou con nós na inauguración da Biblioteca, a Antonio García Teijeiro, Premio Nacional de Literauta Infantil en 2017 e Iago López, autor dos contos do cociñeiro Martiño que tanto nos gustan. Disfrutamos moito das súas visitas e do tempo compartido con eles. Moitas grazas. Aquí vos queda unha mostra da visita de Anxo Fariña: Visita de Antonio García Teijeiro: Vista de Iago López:

martes, 4 de junio de 2019

Día das Artes Galegas

Este ano o homenaxeada no Día das Artes Galegas foi adicado a Luís Seoane polo que non podía faltar unha actividade relacionada co noso proxecto. Fixemos bodegóns inspirándonos na súa obra. Aquí tedes o resultado.

jueves, 30 de mayo de 2019

Investigación sobre os cogomelos

Este ano en 4º de Educación Infantil fixeron unha investigación sobre os cogomelos. Déixovos o enlace para que poidades ver que ben o fixeron!

Investigación sobre os cogomelos

lunes, 27 de mayo de 2019

Enquisa para valorar a Biblioteca Escolar.

Aquí tedes unha enquisa para valorar distintos aspectos do que foi a Biblioteca Escolar este curso no noso cole. Adiante rapaces e rapazas! Decídenos o que pensades para que poidamos seguir mellorando xuntos.

Enquisa alumnado

jueves, 23 de mayo de 2019

DÍA DO LIBRO

Este curso Comezamos a celebrar o Día do Libro ven cedo, xa que 10 semanas antes do propio día xa algo se estaba "cocendo" no cole. Fixemos un libro viaxeiro no que participamos todos! A historia comezou en 6ºEP, eles fixeron o primeiro texto e a primeira imaxe, logo paso a 4º EI e os alumnos de 3 anos fixeron o mesmo, logo tocóulle aos de 4 anos e foi o conto viaxando por todas as aulas ata chegar de novo a 6ºEP que foron os encargados de facer o final. Unha vez que tiñamos todas a as partes, montámolas e empregamos o teatro de Kamishibai para contalo. As encargadas de contalo foron 4 voluntarias da biblioteca que fixeron unha labor maravillosa.Moitas grazas compañeiras!

Pincha aquí para escoitar esta gran historia


Ademais, neste gran día tamén sairon da biblioteca as maletas viaxeiras cara as clases. Disfrutádeas!




Tamén fixemos apadriñamentos e amadriñamentos lectores. Aquí vos deixamos unha pequeña mostra.
Apadriñamentos/Amadriñamentos lectores

DÍA DO TEATRO

Celebramos o día do teatro cunha representación teatral a cargo dun grupo das voluntarias da biblioteca. Non podía ser doutra maneira! Representaron o conto "Sopa verde" para os compañeiros e compañeiras de Infantil 1º, e 2º de Educación Primaria. Elas se encargaron dos traxes, das maquillaxes e de ensaiar o papel que cada unha tiña. Moi ben feito rapazas!

lunes, 13 de mayo de 2019

Día da Poesía

Para celebrar este día, entre todos creamos poesías relacionadas co tema do proxecto, a cocña. A continuación, co profe de música lles puxemos ritmo de rap. Cando xa o tiñamos todo preparado, compartímolo cos compañeiros e compañeiras de outras clases. aquí vos deixamos o resultado final:

Día da muller

Este ano, colaborando co equipo de DLG, celebramos no cole o Día da Muller con Miriam, unha mamá dun compañero do cole, que ademais é unha mamá moi especial. Veu ao cole cargadísima de instrumentos e vivenzas que compartíu con nós. Contounos que agora é profe de música pero para poder chegar a selo tivo que pasar por moitas experienzas positivas e non tan positivas. Contounos como de pequena era a única nena do grupo de gaitas no que participaba, que cando creceu escolleu a percusión, onde casi non hai mulleres, polo que tivo que demostrar que é unha gran percusionista para facerse un oco no mundo da música. Pero como dicía a súa camiseta é unha unha "wonder woman" polo que o conseguíu. Despois de contarnos todo isto e de ensinarnos un montón de fotos chulas, tocounos os instrumentos que trouxo, dende un bombo ata unhas culleres! Para rematar, as profes se sumaron a esta celebración do Día da Muller e participaron tocando e bailando música tradicional galega. Grazas Miriam por darnos a oportunidade de celebrar este día con esta gran festa!!!

miércoles, 8 de mayo de 2019

FEIRA GASTRONÓMICA

Este ano para celebrar o Entroido fixemos unha feira gastronómica á que foron invitados todos os membros da comunidade educativa. O primeiro paso foi elixir países, tarefa que fixemos aos mestres, e converter cada aula na cociña do país elixido. Despois de darlle unhas voltas quedámonos con: Grecia, Estados Unidos, Italia, México, Francia, Marrocos, Caribe, China, Xapón, Alemaña e Portugal. O segundo paso, expoñerlle aos alumnos cales eran os países propostos e que cada un deles escollera a qué país quería ir a cociñar. Todos os grupos contaban con nenos de todos os niveis do centro, dende 4º de educación infantil ata 6º de Educación Primaria. O terceiro paso e un dos máis importante foi a investigación. Cada grupo tiña que saber cal era o plato e a vestimenta típica do país escollido. Unha vez que o souberan, tiñan que escoller duas receitas para cociñar o día da festa, tendo en conta a complicación e o tempo de realización. Por último, materializamos esa investigación a través dos traxes confeccionados polos nenos e nenas contando coa axuda dos mestres e cociñando os platos que se degustarían o día da feira gastronómica. Para que todo saise moi ben, primeiro fixemos moitas probas e aquí está a mostra de que canto máis probábamos, mellor o pasábamos.

Aquí vos deixamos un resumo incluindo o resultado final.

martes, 30 de abril de 2019

CELEBRAMOS O DÍA DE ROSALÍA

Para festexar o Día de Rosalía de Castro, asistimos a un Contacontos ilustrado sobe a súa vida e a súa obra. Ademais, nos ensinaron a facer a súa caricatura. Entre todos, fixemos un mural xuntando as caricaturas que realizamos. Ademais, os alumnos de 4º, fixeron un tendal onde expuxeron representacións gráficas sobre a vida e obra de Rosalía de Castro.

TEMOS BIBLIOTECA NOVA!!!

Este curso estamos de noraboa, renovamos toda a biblioteca do cole! Comezamos facendo un expurgo de títulos antigos que doamos aos centros culturais da contorna e cos que agasallamos aos alumnos no Día da Paz como agradecemento á súa colaboración co banco de alimentos de Pontevedra. Unha vez que tivemos espazo… Comezou a montaxe do novo mobiliario! Primeiro tomamos decisións acerca da altura dos mobles, da accesibilidade, das zonas que queríamso crear... este foi o resultado. Contamos con zonas de lectura e traballo en grupo ou individual tanto para primaria como para infantil adaptadas ás necesidades dos nenos e nenas que as empregan. Zona de tecnoloxía con tables e robots, ademais de ordenadores portátiles. Zona creativa con pezas de Lego, pinturas, rotuladores... Ademais adaptamos a colección a organización que maraca a CDU, poñendo os libros en estanterías diferenciadas tendo en conta o seu tema. Cada estantería ten enriba un autobús cos temas que se recollen nela. O mellor de todo é ver ao noso alumnado disfrutando deste novo espazo onde se valora a lectura, a escritura, a ciencia, a tecnoloxía e a creatividade!

OBRADOIRO DE PAN

Nesta ocasión os nenos e nenas de Porto- Cabeiro convertéronse en panadeiros. Todos a alumndo do cole fixo o seu propio pan: buscamos os ingredientes e as cantidades, os mesturamos, os amasamos, démoslle a forma que máis nos gustaba e o cocemos no forno. E por suposto… o probamos!!!!qué rico!!