BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 13 de octubre de 2010

CONCESIÓN DO NOBEL DE LITERATURA A MARIO VARGAS LLOSA.




Jorge Mario Pedro Vargas Llosa, máis coñecido como Mario Vargas Llosa, escritor de orixe peruano (Arequipa, 1.936) e nacionalizado español en 1.993, foi galardonado co Premio Nobel de Literatura 2.010. O premio seralle entregado o próximo 10 de decembro en Estocolmo.


Vargas Llosa que alcanzou a fama na década de 1.960 con novelas como "La ciudad y los perros", "La casa verde" y "Conversación en la catedral" xa recibira con anterioridade o Premio Príncipe de Asturias das Letras (1.986), o Premio Planeta (1.993) e o Premio Cervantes (1.994).

A editorial Alfaguara Infantil ven de publicar unha colección especial dedicada ao público infantil "Mi primer" e un dos primeiros títulos é "Fonchito y la luna" de Mario Vargas LLosa, un libro no que poderás vivir co pequeno Fonchito as emocións do primeiro amor e descubrir que non hai nada que un non poida facer por un ser querido, aínda que este pida a lúa!
Témolo na nosa Biblioteca. Achégate a lelo no recreo.

No hay comentarios: