
Querido Apalpador:
Acabamos de coñecer a túa existencia desde hai ben pouco tempo. Na “Mochila Viaxeira” do 1º Ciclo de Primaria hai un conto que fala de ti. “Pepa dos Contos” tamén nos falou da túa historia e cantoulles cantigas sobre ti aos nen@s de Infantil, 1º, 2º e 3º de Primaria.Na Biblioteca escolar tamén podemos ler o conto “Antón e o Apalpador” que ti protagonizas. Por iso queremos coñecerte en persoa e convidámoste a visitar o noso Colexio o venres, 17 de decembro de 2.010.
Agardámoste !
QUEN É O APALPADOR ?
O Apalpador é un xigante, de oficio “carboeiro”, que vive nas terras dos Ancares, o Courel e Trives.
QUE FAI O APALPADOR?
Na noite de Nadal baixa ás aldeas para achegarse aos nenos e nenas cando están durmindo. Cuidadosamente apálpalles as barrigas para ver se están ben mantidos.
CON QUE OS AGASALLA ?
Logo de desexarlles que no vindeiro ano non pasen fame, déixalles un feixe de castañas ben quentiñas e algún agasallo que eles pediran.
No hay comentarios:
Publicar un comentario