BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 28 de marzo de 2011

DÍA DA POESÍA



O día 21 de marzo conmemórase o "Día da Poesía" e no colexio quixemos celebralo.


Para iso cada clase escolleu unha poesía e, a partir dela, fixemos:

Lectura expresiva e comprensiva, traballos plásticos sobre o seu contido, memorización e recitado. A continuación, gravámonos en audio para despois ser escoitados polos compañeir@s da propia aula e das outras clases do colexio.

A Biblioteca tamén puxo a disposición das clases un libro do escritor Fran Alonso titulado "O meu gato é un poeta". É este un libro moi orixinal e accesible para os cativ@s e no que, a través dos enredos dun gato poeta, podemos descubrir que a poesía é algo divertido. Para saber máis do seu autor esta é a súa páxina Web: htpp://www.franalonso.eu

A modo de exemplo velaí vai un dos poemas do libro:

"A POESÍA CURA "

1. As perrenchas e os enfados

2.Os nervios do estómago

3.As dores de cabeza

4.Os desenganos do amor

5.Os pés planos

6.Os grans da impaciencia

7.As parvadas máis ilustres

8.Case todas as indixestións

9.Os ataques de ansiedade

Elixe en función dos síntomas que teñas e le dous poemas tres veces ao día: co almorzo, xantar e cea.

No hay comentarios: