BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 10 de abril de 2011

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Os días 7 e mais 8 de abril celebráronse en Santiago de Compostela os "Encontros do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares".
7 de abril: Responsables das Bibliotecas integradas no Curso 2.010/11(79 Centros), entre eles o CEIP Porto Cabeiro.

8 de abril: Responsables das Bibliotecas do total dos Centros incluídos no Plan:374 Centros.

Nos Encontros reflexionouse en torno á Biblioteca como ferramenta de traballo para o profesorado e o alumnado e como facela imprescindible nos nosos Colexios; incidiuse nos instrumentos que Internet pon á nosa disposición e sobre as múltiples posibilidades pedagóxicas do Proxecto Meiga; profundizouse sobre os criterios de selección dos materiais a incluir na Biblioteca e sobre a necesidade de levar a cabo prácticas de autoavaliación para acadar mellores resutados. Así mesmo, asistiuse tamén a presentación de distintas experiencias sobre cine e banda deseñada e debatiuse, por zonas, sobre o noso traballo e a forma de melloralo.

Os Encontros clausuráronse coa sabedoría e simpatía de Xosé Neira Vilas autor de "Memorias dun neno labrego".

No hay comentarios: