BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 16 de abril de 2011

VISITA DE XOSÉ MANUEL PAZOS



O tradutor Xosé Manuel Pazos visitounos, o venres 15 de abril, na Biblioteca do Colexio. Mestre e tamén autor teatral conta con importantes premios como o Premio Max ao mellor Texto Teatral Galego do ano 2.008.


A súa charla abordou dúas temáticas complementarias:

En primeiro lugar, fíxonos unha aproximación á vida e á obra polifacética de Lois Pereiro, autor homenaxeado este ano no "Día das Letras Galegas", grazas ao que descubrimos a súa faceta como tradutor.

En segundo lugar introduciunos de forma práctica e con exemplos, no seu oficio, no da tradución, tan necesario para poder coñecer e gozar das creacións feitas noutros idiomas do mundo e, tamén, para que os demais descobran as feitas nos dous nosos idiomas: o galego e o castelán. Contounos que o libro máis traducido a un maior número de linguas é "El Quijote", do que , por certo, contamos con varias adaptacións para todas as idades na nosa Biblioteca.

Con este acto rematamos a celebración, no noso Colexio, da " Semana do Libro" que escomenzara o día 13 de abril con varias actividades tanto para Educación Infantil como para Primaria:

- Sesión de Contacontos para 3, 4 e 5 anos.

- Visita á Bibliocaravana móbil que, instalada no patio do Colexio, permitía a lectura de libros e outros materiais en todas as linguas da Península Ibérica. Estas dúas últimas eran iniciativas propostas polo Concello de Redondela.

No hay comentarios: