Convidado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso Centro tivemos o honor de contar entre nós coa presenza deste importante artista galego e da súa muller, a tamén pintora Menchu Lamas.
Como sabedes, este curso escolleramos a Antón Patiño para realizar a actividade que tradicionalmente levamos a cabo no Colexio de coñecer e traballar a un pintor/a galego/a: cada curso escolle un cadro do artista elixido e o alumnado reprodúceo, en Infantil de forma colectiva e en Primaria individualmente. Ademais Antón Patiño foi compañeiro e amigo persoal de Lois Pereiro, autor homenaxeado este anos nas "Letras Galegas", así que a súa elección estaba dobremente xustificada.
Antón Patiño naceu en Monforte de Lemos (Lugo) en 1.957 e vive en Madrid. Non só é pintor senón tamén escritor. Participou activamente na renovación da arte española reciente como membro fundador de "Atlántica". Expuxo individualmente en cidades tan importantes como París, Nueva York, Zürich, Barcelona, Ámsterdam, Burdeos, Madrid, Estocolmo, Hamburgo... Ten obras en Museos e Fundacións.

Patiño observou a exposición que dos nosos traballos hai no recibidor do colexio e xa nese momento aclarou a unha representación do alumnado moitas informacións: a elección dos títulos dos cadros, as colores usadas, as características pictóricas...
A continuación, no salón de actos, deleitounos coa súa conversa e respondeu a moitísimas preguntas que fixeron os alumnos/as coñecendo así por que decidíu ser pintor, cal son as súas cores preferidas, que materiais empregaba máis, o motivo polo que pintara tal cadro dun xeito determinado, que pintaba no chan... facéndonos unha demostración real pintando un debuxo co cal nos agasallou (gozade del na foto).
Moitas grazas Antón Patiño pola túa proximidade e xenerosidade!!!
Podedes vir á Biblioteca a consultar os libros cos que agasallou ao Centro para coñecer máis a súa obra e, tamén, a de Menchu Lamas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario