BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 9 de abril de 2012

DÍA DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL. LIM DE HANS CHRISTIAN ANDERSEN

Desde 1.967, o día 2 de abril, conmemórase o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, no que se quere poñer de relevancia a figura do escritor danés Hans Christian Andersen e fomentar a lectura entre cativos e cativas.

Lembrade que algúns dos contos máis coñecidos deste autor son: "A vendedora de mistos", "A raíña das neves", "O reiseñor", "A sereíña" ...

A Biblioteca do CEIP Mestres Goldar elaborou un  riguroso LIM sobre Andersen, que vos convidamos a ver. Nel, aparte da información sobre Andersen que aprenderedes de xeito ameno lendo e xogando, poderedes atopar contos narrados seus como "O parrulo feo" e "A princesa e o chícharo" ou, tamén, vídeos de "O soldadiño de chumbo", "O traxe do emperador" e "O parrulo feo".

Preme aquí co botón dereito  para ter acceso a este LIM.

No hay comentarios: