BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 5 de mayo de 2012

CELEBRACIÓNS DO MES DO LIBRO 2.012

-Durante todo o mes organizamos dúas exposicións: unha de  libros escritos por Julio Verne, para coñecer o autor que ambientou unha das súas obras máis coñecidas na Ría de Vigo, tema do Proxecto da Biblioteca, e outra de libros escritos e ilustrados por  Jacobo Fernández Serrano, premio Merlín 2.009 con “ Mil cousas poden pasar I ”,  de visita no Centro.
 
                             

-Día 23: Maratón de Lectura, de obras escritas por Julio Verne: 2º Primaria: “20.000 leguas de viaxe submariña”; 3º: “Cinco semanas en globo”; 4º: “Viaxe ao centro da Terra"; 5º: “20.000 leguas de viaxe submariña” e 6º: “O faro da fin do mundo”


   
        
-Día 23: Colocación de slogans, polo alumnado de Infantil de 4 anos, sobre a lectura nas portas das aulas, da Biblioteca e no taboleiro de noticias do recibidor do colexio:
       

-Día 24:  Para Infantil, 1º e 2º: actuación do Conta Contos  Servando:

-Día 27 : Para 3º, 4º, 5º e 6º: Encontro co escritor e ilustrador Jacobo Fernández Serrano.
     
-Para Infantil e 1º de Primaria, visionado de contos de Hans Christian Andersen: “O soldadiño de chumbo”, “ O patiño feo” e “O traxe novo do emperador”.

No hay comentarios: