BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 2 de junio de 2013

ÚLTIMA EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA

     A última ocasión para coller libros en préstamo foi a semana do 27 ao 31 de maio xa que a Biblioteca  pecha  o  14 de xuño, venres. Nesa data todos os libros teñen que estar de volta.  Do 17 ao 21 de xuño os voluntari@s mais a Responsable revisarán  os fondos. As Mochilas Viaxeiras tamén descansarán no Colexio a partir do venres, 14. Para o próximo curso virán cargadas de novidades.
     Mentres vinde no recreo a ler, usar os ordenadores e escoitar música. Podedes contemplar a última Exposición dos traballos de investigación das aulas sobre o Proxecto deste curso: os Libros dos Sentidos e do Corpo humano e outros traballos de Infantil. Tamén un sobre a Antártida feito por un alumno de 5º de Primaria.


 
Tamén podedes ver a última adquisición para mellorar a comodidade do alumnado de Infantil  no seu recuncho da Biblioteca. Trátase de dous banquiños de madeira.


No hay comentarios: