BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 19 de febrero de 2014

REPRODUCIÓN DE PETROGLIFO

     No recibidor do noso colexio podemos admirar a reprodución dun petroglifo  feita polo investigador e estudoso da Prehistoria Manuel Ledo. Efectivamente, Ledo reproduce petroglifos "in situ", empregando pigmentos que lle permiten marcar, en papel cebola, os gravados sobre pedras e penedos realizados hai millóns de anos polos primeiros poboadores do noso planeta.
"A cabeciña", que así se titula este petróglifo, está situado no Coto Barcelos, en Mougás-Oia (Pontevedra). 
Grazas a Manuel Ledo por prestarnos xenerosamente o seu traballo e poder achegar así á nosa Comunidade Educativa as pegadas do noso pasado.

 No seguinte video podemos ver unha Exposición organizada por Manuel Ledo con esta e outras reproducións de petroglifos contribuindo deste xeito a dar a coñecer esta manifestación artística da época prehistórica (Idade de Bronce).

No hay comentarios: