BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 9 de marzo de 2014

EXPOSICIÓN PINTANDO A HISTORIA

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega organiza no recibidor, como ven sendo tradicional dende hai moitos anos no noso colexio, unha Exposición para dar a coñecer aos pintor@s galeg@s.
     Este curso, tendo en conta o Proxecto da Biblioteca, fixámonos naquel@s que elixiron, nalgún momento da súa creación, a temática dos tesouros patrimoniais elaborados pola humanidade, dos grandes descubrimentos, de momentos importantes da historia, dos inventos, etc. Cada  aula escolleu un cadro e o alumnado reproduciuno, en Infantil colectivamnete e, en Primaria, individualmente.
 
En Infantil as obras escollidas foron:“Territorio xerminal” de Antón Patiño (3 anos); “O arte venatorio” de Eugenio Granell (4 anos); Petroglifo  recompilado por Manuel Ledo (5 anos).
 
      En 1º e 2º “A torre de Hércules” de Antón Pulido e“O soño da pirámide” de Menchu Lamas:

     En 3º e 4º“Compostela” de Menchu Lamas e “O cortés cabalo do cabaleiro” de Eugenio Granell.
   
En 5º e 6º “Composición 1” de  Urbano Lugrís" e “O vespista” de Jorge Cabezas.
 
 Vinde e poderedes admirar a calidade dos traballos do noso alumnado e, de paso, achegarvos ás pegadas do home na historia.

No hay comentarios: