BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

lunes, 14 de abril de 2014

O ARCO NA HISTORIA

O alumnado de 6º, na materia de Educación Física e usando os recursos da Aula Abalar, levou a cabo unha investigación para coñecer a historia do arco: a súa orixe; os tipos de arcos (asirio, escita, persa, huno, chinés, exipcio, turco, flatbow, inglés...); os tipos de frechas e dianas; o regulamento como deporte olímpico e paraolímpico…
Coa información conseguida e con arcos, frechas e dianas reais a mestra de E. Física organizou una Exposición co título “O arco na historia”.
Na semana do 7 ao 11 de abril Alfredo Amoedo acudiu ao noso colexio  para impartir ao noso alumnado charlas sobre a orixe e a historia do arco como deporte olímpico e paraolímpico. Adaptando a información á idade dos nen@s explicoulles, amosándollos, os distintos tipos de arcos, de frechas, de dianas, como hai que colocarse... acompañado todo isto cunha exhibición práctica.
Para acceder á páxina web do seu club de arco pincha aquí



No hay comentarios: