BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 24 de mayo de 2014

O PASO DO SER HUMANO POLA HISTORIA

Máis clases están a completar os seus traballos sobre o tema do Proxecto para este curso:

En 1º de Primaria o tema de estudo foi Roma e a mestra elaborou unha Presentación en PDF e a partir da mesma traballaron os alumn@s; as aprendizaxes concluiron nun Álbum interdisciplinar individual de fichas, cuxo personaxe motivador era Marcus, recollendo aspectos como a fundación da cidade, as vivendas e os edificios máis representativos, a vestimenta, as clases sociais, os deuses, os mosaicos, os números romanos...


  pescudou, empregando todo tipo de recursos incluídos os da Rede, sobre a Idade Media: a sociedade e os estamentos; os reis, bispos, monxes, cabaleiros, campesiños; as cidades; inventos curiosos; o castelo; o Camiño de Santiago… O investigado plasmouse en Álbums individuais e nun Mural con explicacións escritas e debuxos feitos polo alumnado. A portada de dito Álbum reproducía as vidreiras das catedrais góticas:
 
  tamén investigou sobre a Idade Media e fixo a reconstrución dun castelo medieval nunha maqueta construída con tapóns de cortiza. Ambos cursos, 3º e 4º, fixeron unha actuación conxunta no Festival das Letras  que xirou entorno ao aprendido e, disfrazados de distintas personaxes medievais, explicaron ao público variados aspectos da mencionada época.

 
6º, empregando os recursos da Aula Abalar, fixo traballos de investigación plasmados nun Mural, co título “Xa non podemos vivir sen eles”, que con ilustracións e textos, explican e recompilan inventos, seguindo a liña do tempo, dende 1.800 ata a hoxe,  que fixeron a vida das persoas moito máis cómoda: a lámpada, a anestesia, a carreira espacial, os ordenadores, o motor de combustión, os móbiles…
 

No hay comentarios: