BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 29 de noviembre de 2014

EXPOSICIÓN SOBRE OS PEÓNS NAS ARTES



Relacionado co Proxecto da Biblioteca, en Educación Física, o alumnado fixo un traballo de investigación sobre os peóns nas distintas Artes.
Por exemplo, na Pintura, recollendo cadros pintados por artistas de múltiples países (José del Castillo, Agustín Undurraga, Pieter Brueghel…) onde a temática central eran os trompos (“Neno xogando o trompo”, “O trompo”, “Festival do trompo”…).
 Tamén no Cine (película “Orixe”); na Fotografía (“O trompo”, “O xogo do trompo”…); na Escultura, etc.
 Para participar na Mostra Mundial de Trompos cada alumn@ de Primaria fixo de artista podendo decorar o seu propio peón.
Con toda a información impresa e cos peóns personalizados e decorados para a ocasión a mestra de Educación Física elaborou unha Exposición colocada na entrada do colexio.

No hay comentarios: