BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 16 de noviembre de 2014

SERVIZOS DA NOSA BIBLIOTECA


     En Infantil o préstamo de libros faise nas sesións de Biblioteca de cada unha das aulas . Nas Bolsas da Biblioteca o alumnado leva para as casas historias marabillosas.


     En Primaria, o préstamo en 1º e 2º, faise nas súas respectivas horas de Biblioteca; de 3º a 6º lévase a cabo nos recreos.

     Nos recreos pódese ler, usar ordenadores, escoitar música e ver cine. Estes servizos son atendidos pola Responsable coa axuda do alumnado voluntario.


      Nas celebracións a Biblioteca fai seleccións de lecturas, como agora coincidindo co Samaín e Magosto ou coa conmemoración dos Dereitos dos nen@s.


     O 7 de novembro, as nove “Mochilas”, unha por aula, saíron ás casas. Levan libros para compartir a lectura en familia. Tamén consellos para  contar contos e un “Diario Viaxeiro” onde escribir opinións.
     E para organizar de forma máis cómodas as nosas Exposicións acabamos de mercar unha estantería que colocamos na entrada da Biblioteca para así gozar mellor dos nosos libros:

No hay comentarios: