BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 25 de noviembre de 2015

25 NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Neste día tan sinalado quixemos contribuir a visibilizar o problema da violencia machista contra as mulleres. No noso país, no que vai de ano, foron asasinadas máis de 50 mulleres e isto obríganos a reflexionar sobre esta situación para inculcar valores de respecto, paz e harmonía.

O noso alumnado contribuiu compoñendo un lazo feito con folios nos que se estamparon as mans de todos e todas en cor morada. Colocámolo na cristaleira da galería do colexio para ser visto dende a estrada por toda a Comunidade Educativa.
A máis disto, os alumnos e alumnas de 2º de Primaria confeccionaron un Mural co título "Convivencia sen violencia. Por un fogar en harmonía. Un fogar de cores"
Na Biblioteca fíxose unha selección de lecturas ademais de poder usar os recursos enlazados no Blog.

Nos seguintes vídeos invítase a reflexionar sobre a igualdade e explícase a razón da escolla desta data en contra da violencia sobre as mulleres. Este 2` video foi realizado pola Biblioteca do IES Lucus Augusti de Lugo.

No hay comentarios: