BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 2 de marzo de 2016

CONFECCIONANDO MONICREQUES NA BIBLIOTECA

 Tanxarina Teatro desenvolveu, na nosa Biblioteca, dous Talleres de Monicreques co alumnado de 1º e 2º de Primaria.
  Coa axuda dos seus tres integrantes, os nenos/as, construíuron cadansúa marioneta que, movida por medio dun fío ou metendo a man por debaixo dos seus vestidos, permitíalles recrear o espectáculo e a maxia deste xénero teatral infantil.
  Esta actividade desenvolveuse grazas á colaboración co Concello de Redondela.
Resultou ser unha atractiva experiencia, chea de ilusión, para este alumnado cativo.

No hay comentarios: