BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

viernes, 9 de diciembre de 2016

NADAL SIDERAL


Achegándose o Nadal decoramos o recibidor do colexio para ambientar este tempo do ano usando a temática do Proxecto do Espazo.
O alumnado máis cativo, coa axuda das súas familias, nas casas, pintou e decorou con variadas técnicas as letras para compoñer o título do Mural "Nadal no Espazo sideral",  e tamén debuxos de estrelas, lúas, planetas, astronautas, naves espaciais...
Paralelamente a Biblioteca fixo a súa particular selección de lecturas do Nadal con contos e lendas  de todo o mundo, facendo especial fincapé na figura galega do Apalpador.

No hay comentarios: