BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 18 de enero de 2017

EXPO ESPACIAL ESPECIAL

 A Comunidade Educativa pode gozar da Exposición “Expo… espacial especial”.
  O alumnado e as familias elaboraron durante as vacacións do Nadal, con todo tipo de materiais de reciclaxe, esculturas relacionadas co Espazo. Así, había unha gran variedade de foguetes e naves espaciais;
soles, planetas e meteoritos; sistemas solares, mesmo móbiles; astronautas e vehículos lunares; OVNIS; extraterrestres


Seleccionaremos diversas figuras que pasarán a adornar a Biblioteca e outras dependencias do colexio. Os gañadores/as recibirán de agasallo libros de lectura.
Con esta actividade insistimos na necesidade de que hai que reciclar para contribuír a salvar o noso planeta.

No hay comentarios: