NO ÚLTIMO DÍA DE CLASE, CELEBRAMOS UNHA FESTA FIN DE CURSO E NELA ENTREGAMOS AOS 14 VOLUNTARIOS/AS DA BIBLIOTECA, DE 5º E 6º DE PRIMARIA, UNHA LIBRETA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES, UN MERECIDO AGASALLO POLA SÚA AXUDA AO LOGO DE TODO O CURSO.
GRAZAS: LAURA, MARTINA, NAYARA, NEREA E ISMAEL DE 5º; ANDREA, NOA, YOEL, LAIRA, LARA, ARAIZ, SOFÍA, MARTA, TANIA DE 6º.
TAMÉN ENTREGAMOS LIBROS DE AGASALLO OS PREMIADOS DA EXPOSICIÓN DE RECICLAXE
FELICIDADES A TODOS/AS OS PREMIADOS/AS.
SAÍNZA XA QUEDA RECOLLIDA NA BIBLIOTECA, UN POUCO TRISTE SEN NENOS/AS QUE A VISITEN. PERO VAI ESTAR MOI ATAREFADA PREPARANDO AS SORPRESAS QUE NOS DEPARARÁ O PROXECTO PARA O VINDEIRO CURSO. ATENCIÓN QUE LEVARÁ POR TÍTULO: "DONAS E CABALEIROS, CON VOSTEDES... O CIRCO DE PORTO CABEIRO"
Investigaremos sobre o Circo, xa que representa un mundo de ilusión, color, maxia e diversión, que resulta moi atractivo e motivador para os nenos e nenas.
Coñeceremos elementos característicos: a carpa, o escenario e as gradas; útiles e roupas; distintos oficios como acróbatas, malabaristas, pallasos e moitos máis que nos levarán a reflexionar sobre a importancia do traballo cooperativo e o esforzo. E descubriremos un modo de vida itinerante, diferente ao noso.
Queremos mostrar as dúas caras do circo: por un lado, o espectáculo en si mesmo, pero tamén o que está agochado detrás do pano e que os espectadores non podemos ver.
Descubriremos obras de Arte que reflicten este mundo: pintura, poesía, teatro, música, cine…

No hay comentarios:
Publicar un comentario