BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

sábado, 28 de octubre de 2017

O CIRCO: PASEN E VEXAN

Como sabedes o Proxecto deste curso leva por título "Donas e Cabaleiros, con Vostedes... O circo de Porto Cabeiro". 
 É, polo que, a decoración da Biblioteca se impregnou do tema do Circo e se forneceu de materiais de consulta e literatura para coñecelo.  
Tamén subimos ao Blog, na Páxina O Circo, enlaces con documentais e vídeos. Aí enlazamos materiais de elaboración propia, como o "Mapa Conceptual do circo", que xa podedes consultar.



Para coñecer o funcionamento da Biblioteca, difundindo os seus recursos, tanto os materiais, presentes no espazo, como os virtuais, no Blog, organizáronse entre o profesorado novo e o resto do alumnado Sesións de Formación de usuarios/as.
E tamén entre os nosos voluntarios de 5º e 6º:
No recibidor colocamos un Mural, que inclúe un Mapa Conceptual (espazo, artistas, espectáculo, obxectos e disfraces do circo), acompañado de distintas fotografías. Pasade para velo.

E co gallo do “Día das Bibliotecas” organizamos unha EXPOSICIÓN sobre o Circo, dividida en dúas partes, con libros para todas as idades de: 
* Consulta   e  * Literatura
Ademais de todo isto seguimos coas nosas actividades plurianuais:  
* HORA DE LER: Tempo no que alumnado e profesorado gozan da lectura.
* HORA DE BIBLIOTECA
* PRÉSTAMO

            E moitas máis, das que vos iremos dando conta...

No hay comentarios: