BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 1 de noviembre de 2017

LECTURAS TERRORÍFICAS E SAMAÍN


Para gozar da lectura en torno á celebración do  SAMAÍN, a  Biblioteca fixo unha selección de "LECTURAS DE MEDO… PARA LER SEN MEDO", adaptada ás distintas idades do noso alumnado: 
“Lobishome”,   ¿Quién está debajo del agua?, "¿Quién es? ¡Cuidado!, "Nada puede asustar a un oso", "Violeta quere ser vampiro" e moitas máis:
Puidemos lelas os días anteriores e o mesmo día da celebración, facendo diversas actividades como debuxos de portadas, manualidades...
 Para a celebración do Samaín o colexio pediu a alumnado e familias que decorasen cabazas con elementos relacionados coa temática anual da Biblioteca. Con elas fixemos unha EXPOSICIÓN no Corredor do medo, admirada por toda a Comunidade Educativa, o martes, 31 de outubro.
 Houbo todo tipo de esculturas cabaceiras circenses que puxeron de manifesto a grande imaxinación de nenos e familias: carpas, malabaristas, magos, domadores, pallasos, botadores de cartas, trapecistas, forzudos, homes bala… dispostas todas en torno ao Corredor do medo, decorado con motivos da celebración,

pero tamén con moitos murais sobre o Circo elaborados e pintados pola mestra e o alumnado de 2º de Primaria.
  O alumnado pasou polo Corredor
pero tivo máis sorpresas como o Circo dos Terrores, onde puido facer a escuras un circuito de xogos.
A festa samainera contou con obradoiros de maquillaxe, fotografías diante dun Photocall e merendas de medo...

No hay comentarios: