BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 20 de diciembre de 2017

ENCONTRO CON MARCOS CALVEIRO


 O alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria mantivo un Encontro co escritor MARCOS CALVEIRO na Biblioteca. Previamente, lemos o seu libro “A casiña branca”
Logo da súa charla, que resultou moi interesante, puidemos facerlle unha morea de preguntas, a maioría sobre o libro que lemos, pero tamén sobre a súa faceta como escritor. MARCOS contestou a todas, fotografouse ao lado da nosa mascota, Saínza, asinou no Libro de Honra da Biblioteca e tamén nos exemplares de "A casiña branca" que temos na biblioteca.

Recomendamos a lectura porque en opinión dos nenos/as é:
"Un libro por veces triste, pero cun final aberto e esperanzador. Ademais os protagonistas son dous nenos que interveñen nunha acción chea de suspense e misterio".
Para saber máis de MARCOS CALVEIRO lede esta entrevista


No hay comentarios: