BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 4 de marzo de 2018

ENTROIDO CIRCENSE E SOLIDARIO


Tendo en conta o Proxecto Anual da Biblioteca, este curso, decidimos facer un Entroido diferente e desenvolver un Gran Espectáculo Circense no que o alumnado se convertese, por un día, en artistas na pista.
.
 Durante meses realizáronse ensaios, nos que colaborou todo o Claustro, con esforzo e ilusión,  traballándose de xeito cooperativo para ofrecer á Comunidade Educativa este espectáculo. Practicamos así o espírito de sacrificio e colaboración que  coñecen ben os artistas do circo.
 Para preparar o ambiente, na semana do Entroido,  alumnado de sexto, como todos os anos, foi anunciando as Ordes da Meca que o alumnado tiña que cumprir senón quería ser "recriminado sonoramente".
 As ordes propostas polo Equipo de Actividades Extraescolares foron: traer bigote, o martes; chistera, o mércores; e, o xoves, nariz de pallaso.
 Ademais, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega convocou un Concurso de Carteis entre o alumnado para anunciar a celebración deste Entroido  Circense. Escolléronse tres, por tramos de idade:

  Decidimos celebrar este Entroido Solidario a favor de Sonrisas por Tiritas, que nos visitaron o Día da Paz. As familias fixeron aportacións voluntarias no seu beneficio. 
As entradas do espectáculo  deseñáronse cos debuxos elixidos no Concurso de Carteis.

Houbo unha gran variedade de actuacións e en cada grupo mesturáronse alumnos/as de todas as idades. Foron:
Domadores de letras, ensallados polo mestre Jose.
 sillas bailarinas, por Silvia
pallasos, por Mª José
equilibristas, por Diana
 
magos, por Loli de 2º
 músicos, por Maribel
bailaríns, por Sonia
malabaristas, por Carmen
mimos, por Natalia
forzudos, por Loli de PT
 
zanqueiros, por Ánxela
contorsionistas, por Susana
persoal do circo, por Elena

anunciados polos presentadores
 
Toda a Comunidade Educativa gozou deste acontecemento. Os medios de comunicación deron conta pública do evento: Televisión de Redondela, TVG, Antena 3, Faro de Vigo…

No hay comentarios: