BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

martes, 29 de mayo de 2018

O CIRCO NO SUPLEMENTO DO FARO DA ESCOLA


O noso colexio participou na 3ª Edición do Faro da Escola,  suplemento educativo do xornal do Faro de Vigo.
Hoxe, 29 de maio de 2.018, todo o alumnado leva para as súas casas un exemplar deste Faro da Escola no que, entre outras moitas actividades, se reflicten  aquelas relacionadas co Circo que organizou a Biblioteca:
A visita do mago Cali, "Non é maxia...  é Ciencia", Exposición "Na pista, recicladores artistas"  coas figuras circenses de reciclaxe elaboradas polas familias e os seus fillos/as nas casas... o Powert Point "Máis difícil aínda.... Mulleres do circo", o Tendal Poético coas estrofas, acrósticos, contos en verso... convertindo a Rosalía de Castro en artista do circo e, tamén, os relatos gañadores do Concurso "O Circo nas Letras". 
 
 Estamos moi orgullosos de  visibilizar o noso traballo no exterior a través desta importante actividade de colaboración coa prensa, pola que o colexio recibiu un segundo premio na modalidade de Suplemento.

No hay comentarios: