Páginas

viernes, 9 de noviembre de 2018

Gamificación en porto-cabeiro!!


Este curso imos traballar na biblioteca a través dunha metodoloxía baseada nos xogos.

Con esta forma de traballo intentaremos fomentar a motivación, gusto e implicación na participación do alumnado nas distintas actividades da biblioteca así como na lectura. Ademais, fomentaremos o traballo en equipo xa que os puntos conseguidos por cada grupo son para toda a aula.

Para isto, na porta da biblioteca temos una clasificación na que cada equipo colocou una tarxeta na que se sumarán os puntos. Por cada actividade realizada, por cada lectómetro que completen e por ter na súa clase ao lector do mes recibirán puntos. Ao final do trimestre o equipo gañador recibirá unha recompensa.




E como din os nenos... “este é un xogo divertido mentres se xoga non soamente cando se gana”.

No hay comentarios:

Publicar un comentario