Páginas

viernes, 9 de noviembre de 2018

Samaín

Este foi un Samaín de meeeeedooooo! En colaboración co equipo de Dinamización de Lingua Galega realizamos una xornada de medo, risas e diversión. Todo comezou con una selección de libros para o Samaín na bilioteca…

Despois, chegou o momento de compartir coas nosas familias o momento de confeccionar unha cabaza relacionada co tema do proxecto e de crear una historia de medo na clase entre todos os compañeiros.  Entón... chegou o día! Cando chegamos ao cole tiñamos o camiño á biblioteca sen luz e con todas as cabazas con candeas prendidas. Puidemos disfrutar deste pasaxe terrorífico. Unha vez na biblioteca, escoitamos as historias de medo que creamos nas aulas e bebemos una brebaxe de meigas que prepararon a profe Lores, a profe Silvia e a profe Celia, estaba boísimo! A continuación fomos ás aulas e fixemos un Obradoiro de merendas de medo. E xa para rematar.... a merendar! Que gran festa! Dixareivos o enlace do blogue do equipo de Dinamización da lingua galega para que poidades ver todas as fotos desta tenebrosa celebración.

No hay comentarios:

Publicar un comentario