BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 17 de febrero de 2019

Día da Paz

Hai uns días celebramos no cole o día da Paz. Para facelo, contamos coa axuda de todas as familias e dos centros culturais da contorna nunha gran recollida de alimentos para o banco de alimentos da provincia de Pontevedra. Dende a biblioteca obsequiamos a cada un dos nenos cun conto de expurgo por cada doazón. Viñeron ao cole dous dos seus representantes para contarnos cal é a súa función e como se organizan para levala a cabo. Ademais, todos os nenos e nenas cantaron unha canción que ensaiaron co profe Antonio. Dende o cole, queremos agradecervos a implicación e colaboración que mostrastes todos e todas nesta iniciativa. MOITAS GRAZAS!!! https://kizoa.es/app77047k3916388 Ademais, os días previos fixemos receitas da paz destacando os valores que cada aula consideraba que están relacionados coa mesma. Deixámosvos algún exemplo:

No hay comentarios: