BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

martes, 30 de abril de 2019

TEMOS BIBLIOTECA NOVA!!!

Este curso estamos de noraboa, renovamos toda a biblioteca do cole! Comezamos facendo un expurgo de títulos antigos que doamos aos centros culturais da contorna e cos que agasallamos aos alumnos no Día da Paz como agradecemento á súa colaboración co banco de alimentos de Pontevedra. Unha vez que tivemos espazo… Comezou a montaxe do novo mobiliario! Primeiro tomamos decisións acerca da altura dos mobles, da accesibilidade, das zonas que queríamso crear... este foi o resultado. Contamos con zonas de lectura e traballo en grupo ou individual tanto para primaria como para infantil adaptadas ás necesidades dos nenos e nenas que as empregan. Zona de tecnoloxía con tables e robots, ademais de ordenadores portátiles. Zona creativa con pezas de Lego, pinturas, rotuladores... Ademais adaptamos a colección a organización que maraca a CDU, poñendo os libros en estanterías diferenciadas tendo en conta o seu tema. Cada estantería ten enriba un autobús cos temas que se recollen nela. O mellor de todo é ver ao noso alumnado disfrutando deste novo espazo onde se valora a lectura, a escritura, a ciencia, a tecnoloxía e a creatividade!

No hay comentarios: