O 3 de decembro celébrase o Día da Diversidade Funcional. No C.E.I.P. Porto-Cabeiro realizamos distintas actividades adicadas a esta data tan sinalada ao longo da semana. Para comezar, participamos na campaña "baixo o mesmo paraugas" que naceu en A Coruña e que simboliza que todos collemos debaixo do mesmo paraugas, sen diferenzas. Aquí tedes unha mostra do resultado
Fixemos unha selección de lecturas e tivemos unha sesión de contacontos, Alba e Uxía léronnos "Wonder" a todos os cursos do centro. Ademais, vimos curtas relacionadas con esta temática.
No hay comentarios:
Publicar un comentario