Na biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe de Porto-Cabeiro tivemos a gran honra de recibir a Iván Reboreda. El chega dende Londres onde traballa traducindo a varios idiomas as películas e series que vemos nas nosas salas de cine. Contounos que decidíu estudar traducción mirando os debuxos en galego na TVG cando era pequeno e que con traballo, estudo e dedicación conseguíu traballar no que lle gustaba. Contounos tamén que traballa nunha empresa que traduce películas a todos os idimas do mundo. Quedamos moi impresionados cando nos dixo que traducíu ao español películas como Frozen, Harry Potter ou Jurassic Park. Ademais, falóunos de cómo fan para traducir os textos para os actores e actrices de doblaxe e da adaptación dos mesmos para persoas con dificultades visuais e auditivas. O alumnado tomou apuntes durante a charla e realizou unha entrevista ao rematar. Foi unha visita moi interesante. Moitas grazas Iván por compartir o teu tempo con nós.
No hay comentarios:
Publicar un comentario