Hoxe recomendamos "Las chicas son de ciencias". Trátase dun libro que recolle 25 biografías de grandes científicas que marcaron un antes e un despois cos seus descubrimentos. É un libro que mostra que aínda que polo momento histórico no que viviron estas grandes científicas non son todo o coñecidas que deberían ser, foron claves para que o mundo sexa como o coñecemos hoxe en día. Poderemos coñecer a grandes mulleres como: Rosalind Franklin, química que descubriu a estrutura do ADN, Emmy Noether, a matemática máis importante da historia ou Patricia Bath que consiguíu curar a cegueira a moita xente cos seus inventos. Con este libro non podemos máis que confirmar o que xa sabíamos... que as rapazas son de ciencias e de todo aquilo que queiran ser!
No hay comentarios:
Publicar un comentario