Seguimos cos obradoiros de familia, tendo a sorte de contar neste caso con Myriam Cortizo nai de Lois. Desenvolveu un obradoiro de música tradicional galega onde papás, mamás, avoas, nenos e nenas tocaron instrumentos e coñeceron distintos tipos de músicas tradicionais como a muñeira ou a rumba. Moitas grazas aos asistentes por participar e a Myriam por ofrecernos unha tarde diferente e por achegarnos a unha das marabillas da nosa terra.
No hay comentarios:
Publicar un comentario