BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 18 de marzo de 2020

VISITA IAGO NOVOA E MIGUEL BORINES


Hai uns días tivemos a gran sorte de que nos visitaron dous actores da nosa contorna Iago Novoa e Miguel Borines. Iago Novoa, é un actor novel que se esta iniciando no mundo da interpretación. Participou en obras musicais coma “La Bella y la Bestia”, curtametraxes e longametraxes coma “Rancor” onde coincidou con Miguel Borines. Deunos moita información sobre a súa traxectoria e de como realizar o seu traballo. No caso de Miguel Borines (Tanxarina títeres) que xa conta cunha longa traxectoria no medio audiovisual, nos falou da súa participación en Serramoura ou platos combinados da TVG e en diferentes curtametraxes e longametraxes coma "Los lunes al sol". Deunos moita información de como se organiza un set de rodaxe, da grande importancia de todos os que participan nunha película tales como os resposables de maquillaxe, perruquería, vestiario… Tamén nos falou do xeito de realizar efectos especiais, o que nos resultou moi sorprendente. Ao rematar contestaron a todas as preguntas e curiosidades que tiñan os nenos e nenas.

 Moitas grazas por vir a visitarnos, podedes voltar cando queirades!

No hay comentarios: