Hoxe, 2 de abril, celébrase…
O Día Internacional do Libro Infantil.
Cada ano, o IBBY (Interntional board of books for Young people) proponnos esta data como o momento de celebrar este día tan especial homenaxeando a Hans Christian Andersen xa que hoxe se cumplen anos do seu nacemento. Este ano, a sección patrocinadora é Eslovenia. GALIX, asociación do libro infantil e xuvenil, facilítanos a tradución do cartel ao galego da man de Héctor Cajaraville.
Deixámosvos un enlace a un concurso promovido por GALIX para celebrar este gran día.
Trátase de gravar a lectura dun poema galego cun móbil ou ordenador e enviar o arquivo. está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 14 anos. O prazo remata o 10 de abril.
No hay comentarios:
Publicar un comentario