BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

miércoles, 13 de mayo de 2020

6º EDUCACIÓN INFANTIL

Os nenos e nenas de 6º de educación infantil fixeron motísimas actividades relacionadas co cine.  

Realizaron un caderno de investigación sobre a película escollida para o entroido: “Toy Story”. Ademais realizaron diversas actividades plásticas para achegarse ao coñecemento deste filme.

- Crearon un abecedario de cine. Con cada unha das letras buscaron palabras relacionadas co cine para completar as distintas páxinas.

Ambientaron a aula creando un camerino. Primeiro investigaron que era iso e que se facía nese lugar e a partir de ahí coñeceron algunhas das profesións relacionadas co cine.

Realizaron traballos en familia relacionados co cine e que logo levaron á aula. Unha vez alí explicaban aos demais compañeiros que era o que traían, para que servía…

Realizaron un caderno de investigación sobre a historia do cine.




- Realizaron un traumatropo.


No hay comentarios: