BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)

BLOG DA BIBLIOTECA DO CEIP PORTO CABEIRO (REDONDELA, PONTEVEDRA)
SAÍNZA, A NOSA MASCOTA

domingo, 3 de enero de 2021

PROXECTO "AS PORTOLIMPÍADAS"

 Ola a todos e todas!

Ao longo deste 1º trimestre do curso 20-21 as alumnas e alumnos de todos os cursos do cole realizamos diversos traballos de investigación sobre deportes e Xogos Olímpicos.

Estes traballos foron compartidos na AULA VIRTUAL da nosa escola, no espazo que dedicamos á biblioteca.  Teríanos gustado facer unha posta en común coa presenza de todos e todas pero debido ás circunstancias non puido ser así. 

Para poñer remedio a este pequeno escollo ocorréusenos grabar en vídeo os resultados dos nosas pesquisas e así poder compartir os traballos co resto dos compañeiros e compañeiras.

Aquí van os traballos de 6º EP.  Realizaron maquetas de distintos espazos deportivos.

Campo de tiro con arco


Pista de snowboard

Skatepark

Piscina olímpica

Campo de golf

Tatami



No seguinte video veremos aos nenos e nenas de 4 ANOS 




O nenos e nenas disfrutaron un montón aínda que tiveron que traballar duro.

Neste vídeo os alumnos e alumnas de 5 anos amosan o que aprenderon sobre as Olimpíadas de Barcelona 92




No seguinte vídeo nenos e nenas de 3º de primaria mostrarannos un ranking de medallistas.


Aquí veremos aos compañeiros de 4º de primaria que traballaron sobre as paraolimpíadas.


Os nenos e nenas de 2º aprenderon moitas cousas sobre as Mascotas das Olimpíadas.

 


 En 5º de primaria estudaron a orixe dos Xogos Olímpicos na Grecia Clásica, neste vídeo nos contarán todo o que aprenderon. 



Queremos felicitar aos nosos alumnos e alumnas polo seu esforzo.
GRAZAS!






No hay comentarios: