Hoxe 3 de decembro é o día da diversidade funcional. Como cada ano participamos nesta iniciativa que pretende dar visibilidade ás persoas que conviven con algunha discapacidades.
As diferentes capacidades axudan a construir unha escola na que todos temos cabida porque todos e todas somos diversos.
En liña co noso proxecto de centro, ANIMALADAS, este ano investigamos sobre os beneficios das terapias con diferentes animais e como estes animais nos axudan no noso día a día.
Preparamos un mural no que cada alumno explicou en que consiste a terapia escollida e a acompañou dunha ilustración.
No hay comentarios:
Publicar un comentario