Ola a todos e todas!!! Menudo planazo temos preparado para o día da paz!!!
Para a celebración do DÍA DA PAZ recibimos unha visita moi especial: Bart e Adela, un can e unha cadela que viven no Refuxio de Animais "Os Biosbardos"
As traballadoras voluntarias do refuxio contáronnos como é o seu traballo no refuxio, como e porque as mascotas acaban nun refuxio e que debemos facer cando atopamos un animal abandonado.
Nós, pola nosa parte aprendimos algo moi importante:
NON DEBEMOS COMPRAR ANIMAIS
As familias do alumnado do noso centro volcáronse cos donativos para o refuxio, as voluntarias quedaron moi agradecidas e, por suposto nós tamén.
MOITAS GRAZAS FAMILIAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario